Gravity é un filme británico-estadounidense de suspense dirixido, coescrito, coproducido e coeditado por Alfonso Cuarón que se estreou no 2013. Está protagonizado por Sandra Bullock e George Clooney que interpretan a uns astronautas superviventes dunha misión accidentada, que intentan volver á Terra.

Estreouse en galego o 1 de agosto de 2017 na TVG. Foi traducido por Margarita P. Díaz e a directora de dobraxe foi Charo Pena.

Sinopse Durante un paseo espacial fóra da súa nave mentres arranxaban un satélite, dous astronautas sofren un grave accidente e quedan flotando no espazo. Un deles é a doutora Ryan Stone, unha enxeñeira que está na súa primeira misión espacial. O seu acompañante é o veterano astronauta Matt Kowalsky. A misión exterior parecía rutineira, pero unha chuvia de lixo espacial alcánzaos e ocorre o desastre: o satélite e parte da nave quedan esnaquizados, deixando a Ryan e a Matt completamente sós, momento a partir do cal intentarán por tódolos xeitos buscar unha solución para volver á Terra.

Personaxes Sandra Bullock como Dr. Ryan Stone Voz da dobraxe galega de Bea García. George Clooney como Tenente Matt Kowalski Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas. Ed Harris como Controlador da Misión en Houston, Texas. Orto Ignatiussen como Aningaaq Voz da dobraxe galega de Carlos Jiménez. Paul Sharma como Shariff Dasari Amy Warren como Capitán da Explorer Basher Savage como Capitán da Estación Espacial Internacional

Galardóns e nomeamentos 2013: Festival de Venecia: Filme de inauguración (fóra de concurso).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua groenlandesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Alfonso Cuarón Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Heyday Films Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego