Lawrence de Arabia (en ) é un filme británico dirixido por David Lean que se estreou en 1962. Estreouse en galego na TVG o 30 de decembro de 2007.

Sinopse Durante a Gran Guerra (1914-1918), T.E. Lawrence (Peter O'Toole), un conflitivo e enigmático oficial británico, é enviado ó deserto para participar nunha campaña de apoio ós árabes contra Turquía. El e o seu amigo Sherif Alí (Omar Sharif) porán nesta misión toda a súa alma. Os nativos adoran a Lawrence porque demostrou sobradamente ser un amante do deserto e do pobo árabe. En troques, os seus superiores británicos cren que se volveu tolo. Malia que os plans de Lawrence vense coroados polo éxito, o seu soño dunha Arabia independente fracasará.

Personaxes Peter O'Toole como Thomas Edward "T. E." Lawrence Alec Guinness como Príncipe Faisal Anthony Quinn como Auda abu Tayi Jack Hawkins como Xeneral Allenby Omar Sharif como Sherif Ali ibn el Kharish José Ferrer como Bey turco Anthony Quayle como Coronel Harry Brighton Claude Rains como Mr. Dryden. Arthur Kennedy como Jackson Bentley Donald Wolfit como Xeneral Murray Michel Ray como Farraj I.S. Johar como Gasim Zia Mohyeddin como Tafas Gamil Ratib como Majid John Dimech como Daud Hugh Miller como Coronel da RAMC Fernando Sancho como Sarxento turco Stuart Saunders como Sarxento maior do rexemento Jack Gwillim como Secretario do club Kenneth Fortescue como Axudante de Allenby Harry Fowler como Comandante Potter Howard Marion-Crawford como Oficial médico John Ruddock como Elder Harith Norman Rossington como Comandante Jenkins Jack Hedley como Xornalista Henry Oscar como Silliam Peter Burton como Sheik de Damasco

Galardóns e nomeamentos 1962: 7 Premios Oscar, incluíndo mellor filme, director, fotografía e música. 1962: 4 Globos de Ouro: Drama, director, secundario (Omar Sharif) e fotografía. 7 nomeamentos. 1962: 4 Premios BAFTA: Filme británico, filme internacional, actor e guión. 1962: National Board of Review: Mellor director. 1963: Premios David di Donatello: Mellor produción e actor estranxeiro (Peter O'Toole)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por David Lean Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Horizon Pictures Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes ambientados no Imperio Otomán Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1962 con versión en galego