Giuseppe Olivi, nado o 18 de marzo de 1769 en Chioggia, provincia de Venecia, Venecia, e finado o 24 de agosto de 1795 en Padua, foi un relixioso e naturalista italiano. Traxectoria Alumno en Chioggia de Francesco e de Giuseppe Fabris, Giuseppe Olivi tomou os hábitos eclesiásticos.
Interesouse no estudo de diversas materias, como a química, a botánica, a mineraloxía, así como tamén na agronomía.
Firmemente fiel ás teorías de Albrecht von Haller (1708-1777), tomou parte en numerosos debates, entre eles sobre a electricidade nos animais.
Obtivo o respecto dos seus contemporáneos cando publicou en 1972 un catálogo razoado dos animais mariños da lagoa de Venecia, Zoologia Adriatica, ossia Catalogo ragionato degli animali del golfo e delle lagune di Venezia.
Gregor Johann Mendel (1822-1884), na introdución da súa célebre obra Versuche über Pflanzen-Hybriden (1866) cita a Olivi como un dos seus inspiradores na xenética.
Morreu en 1795 en Padua, e está soterrado na Igrexa de Santa Cristina desta cidade.
Un busto funerario na súa honra foi erixido no claustro da Basílica de Santo Antonio de Padua.
En 1995, na ocasión do bicentenario da súa morte, a súa cidade natal dedicoulle as giornate oliviane (xornadas olivianas), un Congreso europeo, e unha placa conmemorativa na súa tumba.
Abreviaturas A abreviatura Olivi emprégase para indicar a Giuseppe Olivi como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais. A abreviatura Olivi emprégase para indicar a Giuseppe Olivi como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
Notas
Categoría:Botánicos de Italia Categoría:Zoólogos de Italia Categoría:Nados en 1769 Categoría:Finados en 1795 Categoría:Malacólogos de Italia