La Escoba foi un periódico publicado en Soutomaior entre 1887 e 1888.
Historia e características
Apareceu o 17 de xullo de 1887 co subtitulo Barre todos los domingos, e no seu segundo ano cambiou o subtítulo por Barre una vez por semana. A pesar de publicarse en Soutomaior, dedicaba gran cantidade de espazo a Redondela. Fai pública demostración de republicanismo, vinculándose ao Partido Demócrata Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla. Dirixido por Antonio Orellana Pereira,El Pueblo Gallego, 18-6-1973, p. 17. entre os seus colaboradores figuraron Agustín Iribarren, Jaime Martí Miquel, Manuel Matoses, Eduardo de Palacio e Juan Pérez Zúñiga.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Soutomaior Categoría:1887 en Galicia