Lois Antón Pérez, nado en Escudeiros (Ramirás) en 1931 e finado o 28 de xullo de 2018,Morre Lois Antón, poeta popular , Semos Galiza, 28 de xullo de 2018. foi un escritor galego, autor de teatro e poesía.
Traxectoria De formación autodidacta, a súa obra é de carácter popular, destacando polo compromiso coa clase traballadora e coa reivindicación da nación galega, ademais dunha especial preocupación polo mundo da infancia. Foi colaborador de diversas causas solidarias, entre as que destacou a súa implicación na homenaxe aos represaliados no alto do Furriolo, e diversas colaboracións na revista Arraianos.
No ano 2017 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento a unha vida adicada a literatura popular en e desde Ramirás.Uxía, Gayoso e Lois Antón recibirán os premios Rebulir de Cultura Galega en Ramirás
Obras Poesía Pequeno poemario para xente pequena, 2004. A máis fermosa roseira. Cantigas para a escola, 2005. Vellos e novos cantares. Regueifas e desafíos, 2012.
Obras colectivas Represión, solidariedade e resistencia antifranquista, 2007. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Outras Voz da terra, arela do pobo. Letras para o Lois Antón: Recoñecemento a un nacionalista galego de base, 2009. Editado pola Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Inspirada na súa figura. Aos bos e xenerosos. 2014. Edizer / Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista no xornal La Región Perfíl en As escollas electivas O autor no Caderno da crítica
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2018