O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de , celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 6 de marzo de 1976. Foi a segunda rolda da tempada de Fórmula Un de . Foi o 22º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda nun Ferrari 312T. A vitoria foi a terceira vitoria seguida de Lauda. Terminou 1´3 segundos por diante do seu gran rival esa tempada o británico James Hunt no McLaren M23. O compañeiro de equipo de Hunt en McLaren, o alemán federal Jochen Mass terminou terceiro.
Hunt logrou a pole position por segunda vez en dúas carreiras, con Lauda xusto ao seu carón. Lauda liderou na primeira curva, con Hunt cuarto detrás de Mass e do piloto italiano Vittorio Brambilla no seu March 761. Hunt adiantou a Mass, e pasou a Brambilla para poñerse segundo logo de cinco voltas. Lauda liderou de principio a fin para gañar. Detrás de Hunt e Mass, o piloto de Suráfrica Jody Scheckter foi cuarto no seu Tyrrell 007. A unha volta, no quinto posto quedou o piloto británico John Watson co Penske PC3 e Mario Andretti sexto co Parnelli VPJ4B.
Con dúas vitorias na tempada Lauda sacaba doce puntos de vantaxe no campionato sobre Hunt e o Tyrrell de Patrick Depailler. Así mesmo Ferrari sacaba nove puntos de vantaxe sobre Tyrrell e once puntos de vantaxe sobre McLaren.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Niki Lauda Ferrari 78 1:42:18.4 2 9 2 11 James Hunt McLaren-Ford 78 + 1.3 1 6 3 12 Jochen Mass McLaren-Ford 78 + 45.9 4 4 4 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 78 + 1:08.4 12 3 5 28 John Watson Penske-Ford 77 + 1 volta 3 2 6 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 77 + 1 volta 13 1 7 16 Tom Pryce Shadow-Ford 77 + 1 volta 7 8 9 Vittorio Brambilla March-Ford 77 + 1 volta 5 9 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 77 + 1 volta 6 10 5 Bob Evans Lotus-Ford 77 + 1 volta 23 11 18 Brett Lunger Surtees-Ford 77 +1 volta 20 12 34 Hans-Joachim Stuck March-Ford 76 + 2 voltas 17 13 21 Michel Leclère Wolf-Williams-Ford 76 + 2 voltas 22 14 22 Chris Amon Ensign-Ford 76 + 2 voltas 18 15 24 Harald Ertl Hesketh-Ford 74 + 4 voltas 24 16 20 Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford 73 + 5 voltas 19 17 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 70 Motor 21 Ret 2 Clay Regazzoni Ferrari 52 Motor 9 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 49 Motor 8 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 28 Radiador 15 Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 22 Presión aceite 14 Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 18 Embrague 25 Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 16 Presión aceite 11 Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 15 Accidente 13 Ret 15 Ian Scheckter Tyrrell-Ford 0 Accidente 16
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 18 2 Patrick Depailler 6 3 James Hunt 6 4 Jochen Mass 5 5 Jody Scheckter 5
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 18 2 Tyrrell-Ford 9 3 McLaren-Ford 7 4 Shadow-Ford 4 5 March-Ford 3
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Sudafrica Categoría:Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1