miniatura|Mangos de navallas romanas encontradas nas escavacións da vila romana da Olmeda (Pedrosa de la Vega, Palencia).
Unha navalla é un coitelo cuxa folla pivota sobre un eixe que a une ao mango ou cabo para que o fío ou cota quede gardado nunha fendedela feita a propósito.
A navalla ten unha orixe antiga, e o seu uso era común na época do Imperio romano, pero a xeneralización do seu uso xorde en España a finais do século XVI tras a prohibición promulgada por Carlos V de portar armas de folla longa (sobre todo espadas) a xente allea á nobreza. A navalla permitía ocultar a folla, ademais de ser pequena, manexábel e moito máis barata que unha espada.
Desde España exportouse até o resto de Europa con moita rapidez, xa que foi unha arma moi popular.
Tipos de navalla segundo o seu uso Navalla multiusos: navalla que ten incorporados varios dispositivos útiles, tales como sacarrollas, abridor, garfo etc. Unha das máis coñecidas á a navalla suíza. Navalla de barbear: navalla feita de aceiro moi temperado e de fío agudísimo, empregada para barbear. Canivete: pequena navalla que antigamente tiña as cachas do mango de cana de óso ou madeira.Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, voz canivete Na actualidade denomínanse canivetes as navallas pequenas, normalmente sen sistema de bloqueo. Faca: navalla de tamaño considerábel, co cabo de corno e a cota recta ou algo curvada cara a abaixo.
Tipos de navalla segundo o seu sistema de apertura Navalla de apertura manual: navalla que se abre movendo manualmente a folla. Nalgunhas a folla dispón dun saínte ou dun burato que permite a apertura cunha soa man mediante un movemento do polgar. Navalla automática: navalla que se abre mediante a acción dun resorte que se activa mediante un mando (pulsador, panca etc.) situado no mango. Navalla de apertura asistida ou semiautomática: navalla en que a apertura se inicia manualmente (normalmente mediante unha soa man), pero un resorte a termina de abrir cando a folla xa xirou un certo ángulo (usualmente entre 20 e 45º). Navalla de gravidade: navalla cuxa folla se desliza lonxitudinalmente ao longo do mango con moi pouco rozamento. Un sistema de bloqueo inmobiliza a folla tanto na posición aberta como na pechada. A apertura desta navalla realízase movendo a mesma para que a folla (que está na posición pechada) quede cara a abaixo, soltando o bloqueo da folla para que esta esvare polo mango debido á acción do seu peso e bloqueando a folla de novo, agora na posición aberta. Navalla de bolboreta ou de abano: navalla na que o mango está dividido en dúas partes que poden pivotar a ambos os lados da base da folla. A súa apertura pódese realizar por inercia mediante un movemento circular e rápido da man que terma a navalla. Navalla de carraca: navalla na que a parte da folla que conecta co mango leva unhas mmarcas que, ao abrila, faina soar como unha carraca, vulgarmente coñecida como navalla de sete estalos.
A navalla na cultura popular Entre as cancións hai unha, "Die Moritat von Mackie Messer" ("A balada de Mackie o Navalla") da obra Die Dreigroschenoper (A ópera dos tres reás), con libreto de Bertolt Brecht e música de Kurt Weill, que se fixo moi popular co título inglés de Mackie the Knife, que foi interpretada, entre outros, polo polifacético Luís Tosar. Unha navalla de barbear aparece na portada de British Steel, gravación de Judas Priest. No excursionismo, escultismo e, en xeral, en campamentos, unha navalla é considerada como unha ferramenta case imprescindíbel. Da unión entre a coitelaría e o acervo cultural da cidade española de Albacete vén o dito de que "la navaja de Albacete no se regala, se vende al amigo a un precio simbólico, para que no se corte la amistad". Nas películas da serie de televisión Curro Jiménez o protagonista, interpretado por Sancho Gracia, exibe en ocasións unha navalla tipo carraca de tamaño considerábel. Nos videoxogos Team Fortress Classic e Team Fortress 2 hai unha clase chamada espía que posúe unha navalla coa que unha puñalada polas costas é mortal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arma Coitelo
Categoría:Ferramentas