Panthera é un xénero de mamíferos da familia Felidae, ao que pertencen catro especies moi coñecidas: o tigre, o león, o leopardo e o xaguar. O xénero comprende aproximadamente a metade dos grandes felinos. Soamente estas catro especies teñen as estruturas anatómicas que lles permiten ruxir, debido a unha modificación da forma do seu óso hioide.

Taxonomía Etimoloxía Do latín panthera co mesmo significado e este do grego πάν, pan (todo), e θηρ, thēr (besta). A palabra grega pánthēr orixinalmente referíase a todos os membros da familia Felidae. En sánscrito a palabra significaría «animal amarelento».

Especies Foron propostas moitas subespecies para Panthera, moitas das cales para o león e o leopardo son, como mínimo, cuestionables. Propúxose que todas as poboacións de leopardos subsaharianos pertencerían á mesma especie de leopardo, o mesmo caso se daría cos leóns, pero non se recolectou material xenético dabondo para aseverar esta hipótese. Algunhas especies de leóns prehistóricos ben poderían ser especies separadas.

O xénero comprende cinco especies viventes e numerosas extintas, coñecidas polos seus fósiles: Especie Ilustración Estado de conservación Distribución Comentarios León americanoPanthera atrox 150px En América do Norte, dende o sur de Alasca ata o norte de México. Extinto dende o 8000 a. C. Tradicionalmente era considerado como unha subespecie do león, porén estudos recentes indican que se trata dunha especie diferente. Panthera balamoides Península do Iucatán (México). Extinto hai 13400 anos. Suxeriuse que son restos mal identificados de Arctotherium, o que o faría unha especie inválida. Panthera blytheae Cordilleira do Himalaia. Extinto hai 6 millóns de anos. Os estudos indican que estaba relacionado co leopardo das neves e o tigre. Panthera crassidens Sur de África. Viviu durante o Plistoceno inferior. Suxeriuse que o material base inclúe tamén restos doutro felino, converténdose en inválido. Xaguar europeoPanthera gombaszoegensis 150px En Europa, con presenza en Inglaterra, Alemaña, España, Francia e os Países Baixos. Extinto dende hai 1,5 millóns de anos. É a especie coñecida de Panthera máis antiga de Europa. LeónPanthera leo 150px 150pxEspecie vulnerable Viven en poboacións cada vez máis dispersas e fragmentadas da África subsahariana (a excepción das rexións selváticas da costa do Atlántico e a conca do Congo) e unha pequena zona do noroeste da India (unha poboación en perigo crítico no parque nacional do Bosque de Gir e arredores). Historicamente, viviu tamén en Asia do Sur, Asia Occidental, África do Norte e a península balcánica. Tradicionalmente recoñecíanse 12 subespecies de león. Actualmente considéranse como válidas oito subespecies, dúas das cales están extintas dende tempos recentes: León do Congo (P. l. azandica) León de Katanga (P. l. bleyenberghi) León do Transvaal (P. l. krugeri) León de Atlas (P. leo leo) † León de Nubia (P. l. nubica) León asiático (P. l. persica) León de África occidental (P. l. senegalensis) León do Cabo (P. l. melanochaitus) † Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas. Panthera palaeosinensis Norte da China e illa de Xava. Extinto hai 2 ou 3 millóns de anos. Estudos realizados suxiren que está estreitamente relacionado co antepasado común dos membros actuais do xénero Panthera. LeopardoPanthera pardus 150px 150pxEspecie vulnerable Historicamente encontrábase en África, o Cáucaso e Asia, aínda que actualmente se encontra extinto no norte de África e en declive na península arábiga e en Asia occidental e central. Actualmente recóñecense oito subespecies como válidas: Leopardo de Indochina (P. p. delacouri) Leopardo indio (P. p. fusca) Leopardo de Ceilán (P. p. kotiya) Leopardo de Xava (P. p. melas) Leopardo de Arabia (P. p. nimr) Leopardo africano (P. p. pardus) Leopardo de Amur (P. p. orientalis) Leopardo de Anatolia (P. p. tulliana) Panthera shawi Sur de África. Viviu durante o Plioceno superior. É un dos membros do xénero Panthera máis antigos que se coñecen. XaguarPanthera onca 150px 150pxEspecie case ameazada A súa distribución actual esténdese dende o extremo sur dos Estados Unidos continuando por gran parte de México, América Central e América do Sur ata o norte e noroeste da Arxentina. Recoñécense nove subespecies, unha das cales está extinta dende tempos recentes. A validez das subespecies é discutida: Xaguar de Arizona (P. o. arizonensis) † Xaguar de Panamá (P. o. centralis) Xaguar do norte de Guatemala (P. o. goldmani) Xaguar mexicano do oeste (P. o. hernandesii) Xaguar do Amazonas (P. o. onca) Xaguar austral (P. o. palustris) Xaguar de Paraguay (P. o. paraguensis) Xaguar peruano (P. o. peruviana) Xaguar mexicano do leste (P. o. veraecruscis) Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas. Panthera schreuderi 150px Europa Extinto dende o Plistoceno temperán. Suxeriuse que é un sinónimo do xaguar europeo (P. gombaszoegensis) León das cavernasPanthera spelaea 150px Dende a Península Ibérica e as illas británicas en Europa ata Alasca en América do Norte. Extinto hai 10000 anos. Tradicionalmente era considerado como unha subespecie do león pero estudos recentes indican que se trata dunha especie diferente. Posiblemente deu orixe ao león americano (P. atrox). Recoñécense dúas subespecies: a europea (P. s. spalea) e a de Berinxia (P. s. vereshchagini). TigrePanthera tigris 150px 150pxEspecie en perigo de extinción Viven en áreas fragmentarias de Asia. Historicamente habitou en Rusia, Irán, Afganistán, India, China e o sueste Asiático, incluíndo as illas indonesas. Recoñécense nove subespecies, tres das cales están extintas dende tempos recentes: Tigre de Amur (P. t. altaica) Tigre do sur da China (P. t. amoyensis) Tigre de Bali (P. t. balica) † Tigre de Indochina (P. t. corbetti) Tigre malaio (P. t. jacksoni) Tigre de Xava (P. t. sondaica) † Tigre de Sumatra (P. t. sumatrae) Tigre de Bengala (P. t. tigris) Tigre do Caspio (P. t. virgata) † Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas. León toscanoPanthera toscana 150px Península itálica. Extinto dende o Plioceno temperán. É considerado unha forma primitiva de P. gombaszoegensis. Leopardo das nevesPanthera uncia 150px 150pxEspecie vulnerable Habita nas montañas de Asia Central, a altitudes de 2000 e os 4000 msnm, aínda que no Himalaia foi encontrado ata a 6000 msnm. Recoñécense tres subespecies como válidas: de Pamir (P. u. uncia), do Himalaya (P. u. uncioides) e de Mongolia (P. u. irbis). Porén existe controversia da validez das mesmas. Panthera youngi Nordeste da China e o Xapón. Extinto hai 350 000 anos. Posiblemente sexa sinónimo do león cavernario (P. spalea) ou do león antigo (Panthera leo fossilis). Panthera zdanskyi 150px Ganzu (nordeste da China). Viviu entre e, posiblemente, estaba relacionado co tigre moderno (Panthera tigris).

Notas

Categoría:Panterinos