miniatura|250px|Flores. A flor do mundo ou bóla de neveNomes vulgares galegos preferidos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992), Xunta de Galicia (non confundir co fungo homónimo Agaricus arvensis) Viburnum opulus é unha especie de arbusto pertencente ao xénero dos viburnos, á familia Adoxaceae. Úsase en Galiza coma planta ornamental de xardinaxe.

Descrición miniatura|250px|Froitos. miniatura|250px|Froitos.

É un arbusto caducifolio que acada os 4–5 m de altura. As follas son opostas, trilobuladas de 5–10 cm de lonxitude e largo, con base arredondada e marxes serrados. As flores son hermafroditas de cor branca producidas en corimbos de 4–11 cm de diámetro no cimo dos talos. O froito é unha drupa globosa de 7–10 mm de diámetro contendo unha soa semente. As sementes son comidas polos paxaros que as esparexan.

Distribución e hábitat É nativa de Europa e Asia. Algúns botanistas relaciónana coa especie americana Viburnum trilobum coma unha variedade dela coma Viburnum opulus var. americanum Aiton, ou coma subespecie , Viburnum opulus subsp. trilobum (Marshall) R.T.Clausen.

Propiedades Utilízase coma menciña tradicional coma tónico cardíaco. A casca emprégase na medicina herborista. Emprégase a xeito de extracto fluído, tintura concentrada e elixir composto, para uso coma un sedante nervioso e antiespasmódico na asma e a histeria(en inglés) Viburnum opulus en Botanical.

Principios activos Contén glicósidos, derivados da salixenina, coma salicina, semellantes aos atopados nos xéneros Salix e Populus; ácido oxálico, ácido cítrico, ácido málico, ácido valeriánico e ácido salicílico; cumarinas coma escopoletol e esculetol; aceite esencial, salicina ou salicósido, amidón, pentosanos e taninos.

Taxonomía Viburnum opulus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 268. 1753 .

Etimoloxía Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante"En Nombres Botánicos.

opulus: epíteto latino

Variedades Viburnum opulus var. calvescens (Rehder) H. Hara Viburnum opulus subsp. trilobum (Marshall) R.T. Clausen sinonimia Ao longo da historia apareceron varios nomes sinónimos:

Opulus vulgaris Borkh. in Roem. [1797, Arch. Bot. (Leipzig), 1 (2) : 20] [nom. illeg.] Opulus rosea Schur [1866, Enum. Pl. Transsilv., 941 (in index, non in textu)] Opulus lobatofolia Gilib. [1792, Exercit. Phytol., 1 : 4] [nom. invalid.] Viburnum lobatum Lam. [1779, Fl. Fr., 3 : 363] [nom. illeg.] Viburnum glandulosum Salisb. [1796, Prodr. : 172] [nom. illeg.] Opulus palustris Gray [1821, Nat. Arr. Brit. Pl., 2 : 489] [nom. illeg.] Opulus glandulosus Moench

Cultivares Cultívase coma unha planta ornamental polos seus froitos. Os froitos son comestíbeis en pequenas cantidades, tendo un gusto acedo e pode utilizarse para facer marmeladas, porén, se se come en grandes cantidades pode causar vómitos e diarreas.

Significado cultural A flor do mundo é o símbolo nacional de Ucraína onde se coñece coma kalyna. Pódense atopar referencias a este arbusto no folclore ucraíno, nas súas cantigas, na súa arte pictoresca, nos seus bordados etc. Chervona Kalyna foi o himno do Exército Insurxente Ucraíno.

Esas raíces simbólicas remontan ao paganismo eslavo de hai varios milenios. De acordo cunha lenda, a Kalyna estaba asociada ao nacemento do Universo, á Trindade do Fogo: o sol, a lúa, e as estrelasLady of Prykarpattia Ukrainian embroidery . Os seus froitos simbolizan o sangue e a perennidade dos lazos familiares. A Kalyna é frecuentemente retratada no bordado ucraíno en rushnyky (toallas) e camisas. No paganismo eslavo a Kalyna tamén representa a beleza dunha rapariga, que rima ben en ucraíno: Ka-ly-na - Div-chy-naDoctor Bozhko, Agrarian Sciences. Tress in culture by folk. Doctor Kuzmenko, Philological Sciences. The symbolics of guilder rose in Ukrainian songs of the 20th century national liberating movements. .

Nome común A Real Academia Galega non recolle nome algún para a especie, sendo as únicas referencies de nomes galegos as de E. Losada, J. Castro e E. Niño, na súa obra de 1992: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega; baseándose nos primeiros nomes dados por Marcial Valladares Núñez no seu Diccionario gallego-castellano de 1884 onde denomina a planta de: frol d'o mundo; e da obra de Xoán Cuveiro Piñol de 1876: Diccionario Gallego, onde a denomina: bolas de neveEn Dicionario de Dicionarios da USC - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Viburnum&tipo_busca=cientifico.

Tamén se lle chama rosa de Gueldres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. Hodder & Stoughton. Huxley, A., ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan.

Outros artigos Viburno

Ligazóns externas (en inglés) Viburnum opulus en Botanical Flora Europaea: Viburnum opulus Plants for a Future: Viburnum opulus

Categoría:Viburnum Categoría:Arbustos Categoría:Froiteiras Categoría:Froitos do bosque Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas ornamentais