Portobravo é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 67 habitantes (35 homes e 32 mulleres). É a capital do Concello. Os lugares máis próximos son Cruído, Bradia e Bouciñas.

Portobravo é unha localidade rural categorizada como unha aldea segundo o INE. A pesar do seu crecemento nos últimos anos segue sen consolidarse coma unha entidade de poboación importante que preste todo tipo de servizos aos habitantes do concello. A maior parte das contrucións son recentes e esténdense ao longo da estrada DP-4201 e da estrada municipal construída na reestruturación parcelaria.

Lugares e parroquias Lugares de Lousame

Parroquias de Lousame

Categoría:Lugares de Lousame