Santa Comba de Carnota é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2018 tiña 928 habitantes (503 mulleres e 425 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.299 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial foi construída en 1755, substituíndo unha románica anterior, de reducidas dimensións. Forma un conxunto monumental co hórreo, a casa reitoral e o pombal de planta circular. É de estilo barroco clasicista, de planta de cruz latina, con dúas naves laterais. O retablo é obra do escultor Ferreiro. A elevada torre engadiuse no século XIX, e a súa autoría atribúese a Carlos Aboy.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Comba de Carnota
Parroquias de Carnota
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carnota
Categoría:Parroquias de Carnota Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Comba