Xulio Antonio Alonso Sánchez,Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. nado en Lugo o 27 de maio de 1859 e finado en Cangas de Morrazo o 20 de xaneiro de 1916La Correspondencia Gallega, 21-1-1916, p. 4., foi un avogado, notario e escritor galego.
Traxectoria Fillo de José María Alonso Álvarez e María Sánchez Cobas. Realizou os estudos en Lugo ata alcanzar o grao de Bacharel. Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1879, matriculándose na Facultade de Dereito con vinte anos. Rematada a carreira, ingresou no corpo de notarios e foi destinado a Cangas de Morrazo. Colaborou nas periódicos lucenses A Monteira e O Labrego con artigos sobre ás cuestións agrarias. En A Monteira tamén apareceu un artigo sobre o músico Xan Diz. En 1908 participou na enquisa realizada por Faro de Vigo sobre a redención dos foros, e en marzo de 1914 circulou pola prensa radical-lerrouxista a súa Memoria sobre foros y subforos y medios de proceder equitativamente a su desaparición, que apareceu en La Libertad de Pontevedra e El Radical de Madrid. Doou á Deputación de Lugo dous violíns de extraordinario valor.
Como narrador en galego, é autor de dous relatos costumistas publicados en A Monteira: "O chufón" (1889) e "Unha voda" (1890).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Notarios
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos