"Go Right Ahead" é unha canción da banda sueca de garage rock The Hives, publicada como primeiro sinxelo do seu álbum Lex Hives o 3 de abril de 2012. Foi editado como descarga dixital a través de distintas plataformas como iTunes e Spotify. Tamén foi lanzado nunha edición limitada en vinilo de 7" para o Record Store Day o 21 de abril.
Listaxe de cancións "Go Right Ahead" - 3:06 "1000 Answers" - 2:07
Categoría:Sinxelos de 2012 Categoría:Cancións de The Hives