Máximo Leyes Posse, nado na Torre, Sarces (Laxe) en 1855 e finado na Estrada o 29 de setembro de 1899, foi un político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela onde comezou a súa carreira literaria na revista estudantil El Tricornio da que foi director interino. Licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras, e foi profesor de inglés e despois catedrático do Instituto de Santiago de Compostela. En 1882 publicou a Acta general de los trabajos realizados por el Ateneo Escolar Gallego, desde la iniciación hasta el día de la apertura solemne. Foi Secretario da Asociación Central Regionalista (1893). Foi redactor xefe de La Cítara, director de El País Gallego e colaborou en El Eco de Galicia, O Novo Galiciano e Galicia Humorística. Publicou por entregas en 1888 a novela curta Sacar o aire en O Tio Marcos d'a Portela. Instalouse na Estrada onde exerceu como avogado e foi director dun colexio de primeira e segunda ensinanza.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Laxe Categoría:Nados en Laxe Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público