Carlos Tartiere de las Alas Pumariño, nado en Oviedo e finado en Xixón o 31 de xullo de 1950, foi un popular empresario asturiano e presidente do Real Oviedo.

Traxectoria O 26 de marzo de 1926 fundouse o Oviedo Football Club como resultado da fusión dos dous clubs máis representativos de Oviedo: Real Stadium Club Ovetense e Real Club Deportivo Oviedo e Carlos Tartiere foi nomeado presidente da entidade. Durante o seu mandato o club pasou a chamarse Real Oviedo Football Club, Oviedo F.C. e, finalmente, Real Oviedo.

Presidiu o Real Oviedo ata a súa morte en 1950 e baixo a súa presidencia lográronse algúns dos maiores éxitos na historia do club: dúas terceiras posicións no campionato de Liga nas tempadas 1934-35 e 1935-36.

Na súa memoria, o antigo estadio de Buenavista pasou a chamarse Estadio Municipal Carlos Tartiere e cando no ano 2000 foi construído un novo campo de fútbol para a cidade levou tamén o mesmo nome.

Véxase tamén

Outros artigos Estadio Carlos Tartiere (1932) Estadio Carlos Tartiere (2000)

Categoría:Empresarios de España Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Finados en 1950 Categoría:Presidentes de clubs de fútbol de España Categoría:Real Oviedo