Viggo Peter Mortensen Jr., nado en Manhattan (Nova York) o 20 de outubro de 1958, é un actor estadounidense. Fixo o seu debut no cinema cun pequeno papel no filme de suspense de Peter Weir Testemuña única (1985). Apareceu en varios filems notables, entre eles The Indian Runner (1991), Carlito's Way (1993), Crimson Tide (1995), Daylight (1996), The Portrait of a Lady (1996), G.I. Jane (1997), Un crime perfecto (1998), A Walk on the Moon (1999) e 28 Days (2000).
Mortensen acadou a fama internacional coa súa interpretación de Aragorn na triloxía fantástica The Lord of the Rings (2001–2003). Obtivo eloxios polas súas colaboracións co cineasta David Cronenberg nos filmes de suspense A History of Violence (2005), Eastern Promises (2007), polo cal foi nomeado ó Óscar ó mellor actor, e A Dangerous Method (2011)." Flawed father role a test for Viggo Mortensen" . Toronto Star, Michael O'Sullivan, 16 de xullo de 2016. Obtivo de novo nomeamentos aos premios da Academia polos seus papeis principais como pai anarquista en Captain Fantastic (2016) e como Tony Lip en O libro verde (2018). Mortensen fixo o seu debut como director con Falling (2020), o cal tamén protagonizou.
Ademais da actuación, Mortensen explorou as belas artes, a fotografía, a poesía e a música. En 2002, fundou Perceval Press para publicar tanto as súas obras como as de artistas e autores pouco coñecidos. Mortensen cantou e compuxo parte da banda sonora de The Lord of the Rings e colaborou co guitarrista Buckethead en varios álbums.
Traxectoria Mortensen naceu na cidade de Nova York o 20 de outubro de 1958, fillo de Grace Gamble (nada Atkinson; 8 de xullo de 1928 – 25 de abril de 2015) e Viggo Peter Mortensen Sr. (8 de maio de 1929 – 2 de marzo de 2017). A súa nai era estadounidense, mentres que seu pai era dinamarqués. Coñecéronse en Noruega. O seu avó materno era canadense de Nova Escocia. A súa avoa parterna era de Trondheim, en Noruega.
Filmografía Ano Filme Papel Notas 1985 Testemuña única Moses Hochleitner The Purple Rose of Cairo 1987 Salvation! Jerome Stample 1988 Prison Burke/Forsythe Electrocution Fresh Horses Green 1990 Once in a Blue Moon Telefilme Tripwire Hans Leatherface: The Texas Chainsaw Massacre III Tex Young Guns II John W. Poe The Reflecting Skin Cameron Dove 1991 The Indian Runner Frank Roberts 1993 Boiling Point Ronnie Ruby Cairo John E. "Johnny" Faro Carlito's Way Lalin The Young Americans Carl Frazer 1994 The Crew Phillip Floundering Home sen teito Gospel According to Harry Wes American Yakuza Nick Davis/David Brandt 1995 Gimlet Home Crimson Tide Tenente Peter "WEAPS" Ince The Passion of Darkly Noon Clay Black Velvet Pantsuit Worthless Junkie Anxos e demos Lucifer 1996 Albino Alligator Guy Foucard Daylight Roy Nord The Portrait of a Lady Caspar Goodwood 1997 Vanishing Point Jimmy Kowalski Televisión G.I. Jane John James "Jack" Urgayle My Brother's Gun Juanito 1998 Un crime perfecto David Shaw Psycho Samuel "Sam" Loomis 1999 A Walk on the Moon Walker Jerome 2000 28 Days Eddie Boone 2001 O Señor dos Aneis: A Irmandade do AnelAragorn 2002 O Señor dos Aneis: As Dúas Torres 2003 O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei 2004 Hidalgo Frank Hopkins 2005 A History of Violence Tom Stall/Joey Cusack 2006 Alatriste Diego Alatriste y Tenorio 2007 Eastern Promises Nikolai Luzhin 2008 Slacker Uprising El mesmo Appaloosa Everett Hitch Good John Halder 2009 Reclaiming the Blade El mesmo The People Speak El mesmo Documental The Road O Home 2011 A Dangerous Method Sigmund Freud On the Road Old Bull Lee
Vida persoal 150px|miniatura|dereita|Viggo Mortensen no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 2009. Mortensen estivo casado durante dez anos (de 1987 a 1997) coa música e artista estadounidense Exene Cervenka, cantante do grupo punk X, con quen tivo o seu fillo Henry Blake en 1988. Logo do divorcio da parella, a custodia do seu único fillo quedou compartida. En 2009, os medios difundiron a súa relación coa actriz española Ariadna Gil, compañeira de elenco en Alatriste e en Appaloosa.
O 20 de novembro de 2023, participou no certame de poesía Ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña, onde recitou poemas seus en galego.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Dinamarca Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Cantantes de Dinamarca Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia dinamarquesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia canadense Categoría:Daneses de ascendencia inglesa Categoría:Daneses de ascendencia canadense