Nathaniel Brown Palmer, nado en 1799 en Stonington, Connecticut, e finado na mesma cidade en 1877 foi un mariñeiro baleeiro estadounidense, considerado o co-descubridor da Antártida. Traxectoria Embárcase coma mariñeiro moi novo, acadando o rango de patrón con 19 anos e ampliando as rutas de caza de baleas máis ao sur, na busca de novas colonias de focas.

O 17 de novembro de 1820 descobre terras que non aparecían no mapa, terras que resultarían ser a Antártida, porén por esas mesmas datas tamén navegaban pola zona outros dous barcos, un da Armada Imperial Rusa comandada por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e outro da Royal Navy Británica ao mando de Edward Bransfield, polo que aos tres se lle recoñeceu o título de co-descubridores do continente.

Na honra do navegante na actualidade reciben o seu o nome a terra que el avistou, Península Palmer, o arquipélago Palmer, unha estación científica estadounidense situada no dito arquipélago (Estación Palmer) e un quebraxeos estadounidense (RV Nathaniel B. Palmer).

Véxase tamén Ligazóns externas Un relato do avistamento da Antártida, por Nathaniel Palmer

Categoría:Nados en 1799 Categoría:Nados no condado de New London, Connecticut Categoría:Finados en 1877 Categoría:Exploradores Categoría:Navegantes