Manuel Jesús Vázquez Barca, nado en Anllóns (Ponteceso) en 1939 e finado na Coruña o 31 de outubro de 2004,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-2004, p. 44. foi un mestre e político galego.

Traxectoria Foi mestre no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas en Ponteceso encabezando a Candidatura Democrática Independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Non se presentou á reelección en 1983, disgregándose os seus compañeiros de candidatura entre PSdeG-PSOE (que lograron a alcaldía con maioría absoluta) e AP. Presentouse de novo á alcaldía polo CDS nas municipais de 1987, mais non a logrou dado que o PSdeG revalidou a maioría absoluta.

Vida persoal Casou con Benigna Mourelle Mosqueira e foi pai de Ethel Vázquez Mourelle.Entrevista a Ethel Vázquez Mourelle, La Voz de Galicia, 15/11/2009.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponteceso

Categoría:Alcaldes de Ponteceso Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Finados en 2004