O Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva é un premio a actrices ou actores de teatro outorgado polo concello de Padrón dende o ano 2001.

Descrición O premio leva o nome artístico da actriz María Isaura Vázquez Blanco (Medalla Castelao 1991), nada na Barrela (Carballedo) e emigrada á Arxentina onde casou co dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán.

Premiados 1º: 2001: Roberto Vidal Bolaño 2º: 2002: Susana Dans 3º: 2003: Rosa Álvarez 4º: 2004: Manuel Lourenzo Pérez 5º: 2005: Xan Cejudo 6º: 2006: Ana Vallés 7º: 2007: Luísa Merelas 8º: 2008: Xosé Manuel Olveira "Pico" 9º: 2009: Gonzalo Uriarte 10: 2010: Víctor Mosqueira 11º: 2011: Patricia de Lorenzo 12º: 2012: Gustavo Pernas 13º: 2013: Mónica Camaño 14º: 2014: Marta Pérez 15º: 2015: María Barcala 16º: 2016: Nuria Sotelo Rodríguez 17º: 2017: Eduardo R. Cunha 18º: 2018: Iria Pinheiro 19ºː 2020ː Miguel de Lira 20º: 2021: Rocío González 21º: 2022: Pablo Reboleiro 22º: 2023: Patricia Vázquez

Notas

Véxase tamén Bibliografía Artigo "VILLANUEVA, Maruxa" da GEG. Ligazóns externas TerrasdeIria.com

Maruxa Villanueva Categoría:Padrón