Eduardo Gasset Chinchilla, nado en Vigo o 28 de xullo de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 3 de abril de 1932Necrolóxica en ABC, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Eduardo Gasset Artime. Sucedeu ao seu pai como deputado a Cortes polo distrito de Padrón entre 1893 e 1898, despois foi elixido polo distrito de Betanzos (1898-1903), polo da Coruña (1903) e polo de Arzúa (1905). En novembro de 1905 renunciou ao escano no Congreso ao ser elixido senador pola provincia da Coruña, permanecendo no posto en sucesivas eleccións ata 1911. Volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito de Padrón en 1914. En 1916 volveu ser elixido senador pola provincia da Coruña e en 1918 foi nomeado senador vitalicio.

En 1903 solicitou permiso para abrir unha explotación mineira no Porto do Son, co nome de Dolores"Nuevos registros de minas" , en Boletín Minero y Comercial, 25 de novembro de 1903.

Casou con María Neira Gasset e foi pai de Eduardo e Gerardo Gasset Neira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado Xenealoxía Gasset

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1932