Eduardo Gasset Neira, finado en Arzúa o 7 de novembro de 1918, foi un avogado e político galego. Traxectoria Fillo de Eduardo Gasset Chinchilla. Sucedeu ao seu pai como deputado a Cortes polo distrito de Padrón en 1916 e volveu ser elixido deputado polo distrito de Noia en febreiro de 1918 derrotando a Francisco Vázquez Enríquez. Trala súa repentina morte en novembro dese ano a consecuencia da gripe, sucedeuno como deputado por Noia o seu sobriño Ricardo Gasset Alzugaray.
Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Gasset
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados en ano descoñecido