Modern Vampires of the City é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Vampire Weekend, publicado o 14 de maio de 2013 a través do selo XL Recordings. Tras a edición no ano 2010 de Contra, o grupo saíu de xira e compuxo novo material durante as probas de son. Tras un período no cal os seus membros adicáronse a outros proxectos musicais, reagrupáronse e comezaron a traballar no seu terceiro traballo en 2011.
Modern Vampires of the City é un intento da banda de distanciarse do son co que se lle asociou tras o lanzamento dos seus dous primeiros discos. En gran parte experimental, o son do álbum é resultado de distintas técnicas de gravacións pouco convencionais, como o pitch shifting. A portada é unha fotografía de 1966 de Neal Boenzi do día con máis contaminación no aire de Nova York, no que a polución matou polo menos a 169 persoas.
Modern Vampires of the City estreouse no número 1 da lista Billboard 200 tras vender 134.000 copias na súa primeira semana, converténdose no segundo álbum consecutivo do grupo en acadar esa posición. A publicación online Pitchfork Media elixiu este traballo como o mellor álbum do ano 2013. En outubro de 2019 Pitchfork situou o disco no número 7 da súa lista dos 200 mellores álbums da década de 2010.
Listaxe de cancións Todas as letras escritas por Ezra Koenig, agás onde se indique. Toda a música composta por Koenig e Rostam Batmanglij, agás onde se indique.
Notas
Categoría:Álbums de Vampire Weekend Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums producidos por Ariel Rechtshaid Categoría:Álbums de XL Recordings