José Garra Garra, nado en Ponteareas en 1896 e finado en Vigo en xaneiro de 1963, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Fillo dunha familia adiñeirada propietaria da fábrica de curtidos La Perillana en Ponteareas. Era sobriño de Amado Garra e Emilio Garra Castellanzuelo. Enxeñeiro técnico. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Ponteareas o 25 de xaneiro de 1924, permanecendo no cargo ata agosto de 1925, cando presentou a dimisión como alcalde e concelleiro logo de que o Gobernador civil destituíse os seis concelleiros agrarios e o concelleiro socialista.
Casou en 1927 con María Luisa Vieitez Soto e instalouse en Tui, onde se incorporou en 1930 como socio e xerente á empresa Oliveira, Valencia y Compañía que producía as galletas La Peninsular. Coa Segunda República foi o primeiro alcalde republicano de Tui, posto do que dimitiu a finais de 1933. Despois trasladouse a Vigo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de rebelión militar e encadeado, librou do pelotón de fusilamento pola súa amizade co xeneral Mola, a quen levara no seu auto ata Lisboa anos antes. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941. Despois da guerra pasou a residir en Madrid para facilitar os estudos da súa filla Carmela. Finou en Vigo en xaneiro de 1963.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 19-1-1963, p. 13.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Galleteros gallegos (2): Galicia A fábrica de galletas "La Peninsular"
Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1963