Un chien andalou é unha curtametraxe surrealista muda dirixida por Luis Buñuel en 1929, baseada nun guión do propio Buñuel e de Salvador Dalí.

Sinopse A película comeza co rótulo «Era unha vez». Un home (Luis Buñuel) afía unha navalla de afeitar mentres mira como unha nube atravesa a lúa. Da mesma forma, o home corta un ollo dunha muller.

«Oito anos despois». Un ciclista pedalea pola rúa. A muller deixa caer o libro que estaba a ler e o ciclista cae. No cuarto coloca a roupa do ciclista na cama mentres da man do home xorden formigas.

«Cara ás tres da madrugada». Un home castiga a outro contra a parede con libros na man. A muller entra no cuarto e ve unha bolboreta Acherontia atropos.

«En primavera». Nunha paisaxe deserta o home e a muller están enterrados ata o peito, segundo o guión orixinal: «cegos, cos vestidos esgazados, devorados polos raios do sol e un enxame de insectos».

Personaxes Simone Mareuil como Moza Pierre Batcheff como Home

Os actores non acreditados son: Luis Buñuel Salvador Dalí Robert Hommet Marval Fano Messan Jaume Miravitlles

Música En 1960 Buñuel engadiu unha banda sonora composta por unha peza de Tristan und Isolde, de Richard Wagner e dous tangos arxentinos.

Influencia posterior Alfred Hitchcock incluíu no seu filme Spellbound (1945) unha escena onírica creada por Dalí na que se homenaxeaba a este filme cun ollo pintado nunhas cortinas. David Bowie tamén proxectaba esta escena na súa xira de 1976. O título é referenciado na canción "Debaser" de Pixies.

No cartel da película O silencio dos cordeiros (1991), de Jonathan Demme, utilizouse a imaxe de Un chien andalou da bolboreta Acherontia atropos, cuxo tórax aseméllase a unha caveira humana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en filmaffinity

Categoría:Filmes de 1929 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes dirixidos por Luis Buñuel