Supermartes foi un programa concurso emitido na Televisión de Galicia entre 1992 e 2005. Desde 1996 o programa emitiuse en directo. En total graváronse 635 edicións.
Descrición Baseado no formato do popular show televisivo Sábado gigante da televisión chilena, o programa tiña diferentes probas ("O mentireiro verdadeiro", "Asalto á fama"…) das que se escollía un finalista que participaba na proba final ("Superprendas"). O gañador pasaba logo a un panel do que saían os premios. Na realización das probas participaban personaxes galegos coñecidos.
O programa era presentado por Xosé Manuel Piñeiro, coa voz en off de Gonzalo Faílde. O personaxe de Atilano, con aspecto de esqueleto, é interpretado por Xosé Casal Sueiro «Lito» (1992-1993), e logo por Ángel Gradín (1993-2005), trataba de que os concursantes errasen.
Outras versións En 2002 estreouse unha versión en Canal Sur, a televisión autonómica andaluza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha audiovisual
Categoría:Programas de entretemento da TVG