Feliciano Rolán Vicente, nado en Vigo o 9 de xuño de 1907 e finado na Guarda o 3 de xaneiro de 1935, foi un poeta galego en lingua castelá.

Traxectoria Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1928. Doutorouse en Madrid e regresou a Santiago como profesor auxiliar.Nomeamento como axudante de clases prácticas de dereito publicado en El Pueblo Gallego o 23/10/1929.

En 1932 publicou Huellas. Ese mesmo ano detectáronlle a tuberculose e ingresou nun sanatorio. En 1933 casou in articulo mortis e finou ao ano seguinte.

O concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa e o da Guarda creou un premio poético na súa memoria.

Obra miniatura|175px|Escultura de Maxín Picallo inaugurada en 1972. Huellas (Nós, Santiago de Compostela, 1932). Ilustrado por Luís Seoane. De mar a mar (Madrid, 1934). Reeditado por Alvarellos en 2023, 172 páxs., ISBN 978-84-18567-37-7, edición bilingüe.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Carballo Calero, Ricardo, «Introducción a Feliciano Rolán», en Obras poéticas, 1970. Molina, César Antonio, "Feliciano Rolán", en Oscura turba de los más raros escritores españoles, 1999.

Outros artigos Premio Feliciano Rolán

Ligazóns externas Una prometedora carrera truncada... Faro de Vigo . Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela