Michael Carter-Williams, nado o 10 de outubro de 1991 en Hamilton, Massachusetts, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Carter-Williams foi seleccionado na 11ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Philadelphia 76ers.Sixers Select Michael Carter-Williams with 11th Overall Pick in 2013 NBA Draft Asinou o seu contrato cos 76ers o 24 de setembro de 2013, xunto ó seu compañeiro Nerlens Noel.Sixers Sign Nerlens Noel and Michael Carter-Williams No seu debut na NBA o 30 de outubro de 2013, fixo 22 puntos, 12 asistencias, 7 rebotes e 9 roubos na vitoria dos Sixers sobre os Miami Heat por 114-110.Michael Carter-Williams, 76ers hold on, stun Dwyane Wade-less Heat Os 9 roubos supuxeron a maior marca de roubos de balón feita por un rookie en toda a historia. Na súa primeira semana na NBA foi elixido Xogador da Semana, un logro que ata a data só o conseguira Shaquille O'Neal en 1992.

O 3 de decembro de 2013, conseguiu a súa primeira tripla-dobre con 27 puntos, 12 rebotes e 10 asistencias en 46 minutos, na vitoria por 126-125 antes os Orlando Magic. No mesmo partido, o tamén rookie Victor Oladipo, dos Magic, fixo tamén a súa primeiro triplo-dobre, facendo desta a primeira vez na historia na que dous rookies conseguen unha tripla-dobre no mesmo partido.

O 19 de febreiro de 2015, Carter-Williams foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre os Sixers, os Bucks e os Phoenix Suns. Como parte do acordo, Milwaukee recibiu tamén a Tyler Ennis e a Miles Plumlee de Phoenix, mentres que Phoenix recibiu a Brandon Knight de Milwaukee, e Philadelphia recibiu unha futura elección do Draft de Phoenix.

O 17 de outubro de 2016, Carter-Williams foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Tony Snell.

O 7 de xullo de 2017, Carter-Williams asinou cos Charlotte Hornets.

O 6 de xullo de 2018, Carter-Williams asinou cos Houston Rockets. O 7 de xaneiro de 2019, foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio dunha elección protexida da segunda rolda do Draft de 2020. Foi cortado polos Bulls inmediatamente despois de ser traspasado.

O 15 de marzo de 2019, Carter-Williams asinou un contrato de dez días cos Orlando Magic. O 25 de marzo asinou un segundo contrato de dez días, e o 4 de abril os Magic decidiron manter ó xogador ata final de tempada. O 10 de xullo de 2019, Carter-Williams asinou unha tempada máis cos Magic.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013–14 Philadelphia 70 34.5 .405 .264 .703 6.2 6.3 1.9 0.6 16.7 2014–15 Philadelphia 41 33.9 .380 .256 .643 6.2 7.4 1.5 0.4 15.0 Total 111 34.3 .396 .261 .683 6.2 6.7 1.7 0.5 16.0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no condado de Essex, Massachusetts Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Capitanes de Ciudad de México Categoría:Rookie do Ano da NBA