A Arquidiocese de Barcelona é unha arquidiocese católica latina en Cataluña, e sé metropolitana da provincia eclesiástica de Barcelona, que inclúe tamén ás dioceses sufragáneas de Sant Feliu de Llobregat e Terrassa.
Territorio A arquidiocese comprende a parte nororiental da provincia de Barcelona, unha das catro provincia da comunidade autónoma de Cataluña. Ocupa unha franxa costeira de 340 km².
A súa sé é a cidade de Barcelona, onde se atopa a catedral da Santa Cruz e de Santa Eulalia. O seu territorio está subdividido en 212 parroquias. Historia Durante a Reconquista, o bispo Olegario foi designado para a sé arquiepiscopal de Tarragona, da que tomou posesión en 1017, mantendo amais o título de Bispo de Barcelona. Barcelona pasou a ser sufragánea de Tarragona de novo, e así continuou nos seguintes séculos. A miúdo os seus bispos bispos acostumaron a vivir nas cortes pontificais ou reais no canto da cidade, até que o bispo Jaume Caçador introduciu unha serie de reformas seguindo ao Concilio de Trento, a mediados do século XVI. Coa excepción dun período dunsa anos de sé vacante entre 1808 e 1814, coa guerra da Independencia española, a diocese medrou en poder e riqueza.
O 25 de marzo de 1964 Paulo VI elevou a Diocese de Barcelona ao rango de arquidiocese. Porén, non adquiriu o rango de arquidiocese metropolitana até 2004, cando Xoán Paulo II dividiu o seu territorio entre a Arquidiocese de Barcelona e dúas novas dioceses sufragáneas, as dioceses de Sant Feliu de Llobregat e Terrassa.
Episcopoloxio Bispos de Barcelona Prætextatus (mencionado no 347) Pacianus (arredor do 379 - 392) Lampi (394 - 400) Sigisari (mencionado en 415) Nundinari (finado antes de 465) Agrici (516 - 517) Nebridi (540 - 546) Patern (ca. 546) Ugern o Ugno (ca. 580–599) Emila (ca. 600–633) Ola (ca. 634–638) Quirze (ca. 640–666) Idacio o Idali (ca. 666–689) Laulfo (ca. 689–702) Johannes (ca. 850) Ataúlfo (ca. 850–860) Frodoí (ca. 861–890) Teoderico (ca.904–† 937) Guilara (ca. 937–† 959) Pere (ca. 962–973) Vives (974–995) Aecio (995–1010) Deudat (1010–1029) Guadall Domnuç (1029–1035) Guislabert (1035–1062) Berenguer (1062–1069) Umbert (1069–1095) Bertran (1086–1095) Folc II de Cardona (1096–1099) Berenguer Bernat (1100–1106) Ramon Guillem (1107–1114) Olegario Bonestruga (1116–1137, nomeado arccebispo de Tarragona) Arnau Ermengol (1137–1143) Guillem de Torroja (1144–1171) Bernat de Berga (1172–1188) Ramón de Castellvell (1189–1199) Berenguer de Palou I (1200–1206) Pere de Cirac (1208–1211) Berenguer de Palou II (1212–1241) Pere de Centelles (1241–1252) Arnau de Gurb (1252–1284) Guerau de Gualba (1284–1285) Bernat Pelegrí (1288–1300) Ponç de Gualba (1303–1334) Ferrer d'Abella (1334–1344) Bernat Oliver (1345–1346) Miquel de Ricoma (1346–1361) Guillem de Torrelles (1361–1369) Berenguer d'Erill (1369–1370) Pere de Planelles (1371–1385) Raimon d'Escales (1386–1389) Joan Ermengol (1389–1408) Francesc de Blanes (1408–1410) Francisco Climent Sapera (1410–1415, nomeado arcebispo de Zaragoza) Andreu Bertran (1415–1419, nomeado bispo de Xirona) Francisco Climent Sapera (1420–1429) (Administrador Apostólico) Andreu Bertran (1431–1433) (Administrador) Simó Salvador (1433–1445) Jaume Girard (1445–1456) Joan Soler (1458–1463) Joan Ximenis Cerdà (1464–1472) Rodrigo de Borja i Escriva (1472–1478) Gonzalo Fernández de Heredia (1478–1490) Pere García (1490–1505) Enrique de Cardona y Enríquez (1505–1512, cardeal, nomeado arcebispo de Monreale) Martín García Puyazuelo (1511–1521) Guillén Ramón Vich y Valterra (1519–1525) Silvio Passerini (1525–1529, administrador, cardeal con residencia en Italia) Luis Cardona (1529–1531, nomeado arcebispo de Tarragona) Juan Cardona (1531–1546) Jaime Casador (1546–1561) Guillermo Casador (1561–1570) Martín Martínez de Villar (1573–1575) Joan Dimas Loris (1576–1598) Alfonso Coloma Sa (1599–1603, nomeado bispo de Cartaxena) Rafael Rovirola (1604–1609) Juan de Moncada (1610–1612, nomeado arcebispo de Tarragona) Luis Sans Códol (1612–1620) Joan Sentís y Sunyer (1620–1632) García Gil Manrique (1633–1655) Ramón Senmenat Lanuza (1655–1663) Ildefonso de Sotomayor (1664-1682) Benedicto Ignacio de Salazar (1683 - 1691) Manuel de Alba (1693 - 1697) Benito de Sala y de Caramany, (1698 - 1715) Diego de Astorga y Céspedes (1716 – 1720, nomeado arcebispo de Toledo) Andrés de Orbe y Larreátegui (1720 – 1725, nomeado arcebispo de Valencia) Bernardo Jiménez Cascante (1725 – 1730) Gaspar de Molina y Oviedo (1731 – 1734, nomeado bispo de Málaga) Felipe Aguado Requejo (1734 – 1737) Francisco del Castillo y Veintimiglia (1738 – 1747, nomeado bispo de Xaén) Francisco Díaz Santos y Bullón (1748 – 1750, nomeado bispo de Sigüenza) Manuel López Aguirre (1750 – 1754) Asensio Sales (1754 – 1766) José Climent Avinent (1766 – 1775) Gabino Valladares Mejía (1775 – 1794) Eustaquio Azara (1794 – 1797) Pedro Díaz Valdés (1798 – 1807) Pablo Sitjar Ruata (1808 – 1831) Pedro Martínez San Martín (1832 – 1849) José Domingo Costa Borrás (1850 – 1857, nomeado arcebispo de Tarragona) Antoni Palau i Térmens (1857 – 1862) Pantaleón Montserrat Navarro (1863 – 1870) Joaquim Lluch i Garriga (1874 – 1877, nomeado arcebispo de Sevilla) José María Urquinaona y Bidot (1878 – 1883) Jaume Català i Albosa (1883 – 1899) Josep Morgades i Gili (1899 – 1901) Salvador Casañas i Pagès (1901 – 1908) Juan José Laguarda y Fenollera (1909 – 1913) Enrique Reig Casanova (1914 – 1920, nomeado arcebispo de Valencia) Ramon Guillamet i Coma (1920 – 1926) Josep Miralles i Sbert (1926 – 1930, nomeado bispo de Mallorca) Manuel Irurita (1930 – 1936) Miguel de los Santos Díaz Gómara (1939 - 1942), administrador apostólico (bispo de Cartaxena) Gregorio Modrego Casaus (1942 – 1967)
Arcebispos de Barcelona Gregorio Modrego Casaus (1942 - 1967, retirado), dende 1952 arcebispo ad personam, dende 1964 arcebispo sede plena Marcelo González Martín (1967 - 1971, nomeado arcebispo de Toledo) Narcís Jubany i Arnau (1971 - 1990, retirado) Ricard Maria Carles i Gordó (1990 - 2004, retirado) Lluís Martínez Sistach (2004 - 2015, retirado) Juan José Omella (2015 - actualidade)
Ligazóns externas Arquidiocese de Barcelona
Barcelona Barcelona Categoría:Provincia de Barcelona