Intarabus é un deus celta do panteón dos tréveros e algúns pobos veciños. O seu nome é coñecido por nove inscricións dunha área relativamente compacta no que hoxe é Bélxica, Luxemburgo, oeste de Alemaña e o leste de Francia.Nicole Jufer & Thierry Luginbühl (2001). Les dieux gaulois : répertoire des noms de divinités celtiques connus par l'épigraphie, les textes antiques et la toponymie. Paris: Editions Errance. ISBN 2-87772-200-7. Puido ter sido a deidade titular dunha das tres pagi (subdivisións) dos tréveros.Ton Derks (1998). Gods, Temples and Ritual Practices: The Transformation of Religious Ideas and Values in Roman Gaul. Amsterdam University Press. ISBN 978-90-5356-254-3. p.199. En moitos casos, Intarabus é invocado só, sen ningunha síntese cunha deidade romana. Porén, nunha das inscricións aparece como Marte Intarabus.CIL 13, 03653Joan Carbonell Manils and H. Gimeno Pascual. "Un fanum in Turgalium ". p.15. In Faventia 27/2, 2005. Noutra inscrición de Mackwiller, en Alsacia, Intarabus ten o epíteto de Narius.AE 1957, 0155b

Notas

Categoría:Deuses celtas