O Club de Salvamento e Socorrismo SYSCA é unha agrupación deportiva de Carballo creada en maio de 1990. Ten as súas instalacións na rúa Carballo Calero, entre o colexio Bergantiños e o pavillón municipal Bergatiños. Estas instalacións contan cunha piscina e un ximnasio, os cales están abertos ó público. O seu presidente é Pedro Lantes Rama (Carballo, 1969).
No ano 2013 o club gañou o título de Campións Galegos de Salvamento e Socorrismo en competición de praia, título acadado fronte ao club SASA de Sada, o club SAL de Laracha, o club de Ponferradina e o club de Cerceda.
Véxase tamén Ligazóns externas SYSCA.es
Categoría:Deporte en Carballo Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia