El Obrero Galaico foi un periódico editado na Coruña en 1866.

Historia e características Subtitulado Periódico semanal de Literatura, Ciencias y Artes, apareceu o 6 de maio de 1866. Fundado e dirixido por Feliciano Salgado. Contaba cunha reducida redacción de mozos preocupados polo problema social entre os que estaban Froilán de Salazar e Eduardo de Zabildea. Só se editaron nove números. O Gobernador civil prohibiu a publicación o 9 de xullo dese ano.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa obreira Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1866 en Galicia