Fragilariophyceae é un grupo das diatomeas pennadas sen rafe. Son de células alongadas con, polo común, simétricas en cando menos dous planos, un dos cales é o plano pervalvar. O padrón de estrías é bilateral, orientado ao longo da costa (o esternum), pero sempre sen rafe. Poden ter costas e septas e sempre presentan rimopórtulos.

Moitos xéneros dentro desta clase teñen moitos plastidios pequenos e discoidais por debaixo da cuberta da valva; aínda que algúns teñen só un ou dous ou moi poucos. Algúns xéneros teñen filas de pequenas espiñas na unión da cara da valva e o manto, o que lle permite as células que se emparellan formar colonias filamentosas. Porén algúns taxons tamén forman colonias en zigzag ou colonias estelares ao segregaren mucus a través de poros apicais ou clústers radiais.

Notas

Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas Categoría:Algas