En hebreo, os diacríticos son chamados niqqud ou nikkud (נִיקוּד, נְקֻדּוֹת, nəquddôṯ : «vogais»).
Houbo numerosa versións diferentes, pero a máis empregada hoxe foi inventada polos Masoretas (ba'alei masorah).
Os niqqud son pequenos signos, comparados coas consoantes que completan, e teñen así a vantaxe de poder seren engadidos directamente sobre un texto que non os levaba.
Os estudantes de hebreo, que non o falan aínda ou non normalmente, prestan unha especial atención a estes diacríticos, especialmente no que atinxe á controversia do tetragrama - escrito יְהוָה en hebreo. A interpretación permitiría atopar a antiga pronunciación (auténtica din algúns) de Xehová ou Yahweh.
Os signos do niqqud
Esta táboa agrupa as consoantes ב, ח e ש para amosar a posición e a forma dos niqqud. Compre sinalar que ás veces hai, en función do dialecto ou da tradición, diferenzas de pronunciación. Esta táboa dá a transcrición máis común, a empregada en Israel, que é, por exemplo, diferente da pronunciación ashkenazí.
SímboloHebreo tiberianoHebreo estándarבְשוא šəwâ. Transliteración ə (API /ə/), ou silenciosa.שווא šəva, máis a miúdo schwa. Oficialmente transliterada ə (API /ə/ ou silenciosa, máis a miúdo transliterada e, ou como un apostrofo ' , mesmo non escrita.חֱחטף סגול ḥăṭep̄ səḡôl. Transliteración ĕ (API /ɛ/).חטף סגול ḥataf seggol, máis a miúdo chataf segol, ou seghol reducido. Transliterada e (API /e/).חֲחטף פתח ḥăṭep̄ páṯaḥ. Transliteración ă (API /a/).חטף פתח ḥataf pátaḥ, máis a miúdo chataf pátach, ou pathach reducido. Transliterada a (API /a/).חֳחטף קמץ ḥăṭep̄ qāmeṣ. Transliteración ŏ (API /ɔ/).חטף קמץ ḥataf qamaẓ, chataf kamatz, ou qamets reducido. Transliterada o (API /o/).בִחירק ḥîreq. Transliterada i (API /i/) ou í (API /iː/).חיריק ḥiriq, chirik. Transliterada i (API /i/).בִיחירק מלא ḥîreq mālê. Transliterada î (API /iː/).ḥiriq male, chirik malei ou hiriq yod. Transliterada i (API /i/).בֵצרי ṣērê. Transliterada ē (API /eː/).צירי ẓere, tzeirei. Transliterada e (API /e/).בֵי, בֵה, בֵאצרי מלא ṣērê mālê. Transliterada ê (API /eː/).צירי מלא ẓere male, tzeirei malei, tsere yod. Transliterada e (API /e/), máis a miúdo ei (API /ei/).בֶסגול səḡôl. Transliteración e (API /ɛ/) ou é (API /ɛː/).סגול seggol, máis a miúdo segol. Transliteración e (API /e/).בֶי, בֶה, בֶאסגול מלא səḡôl mālê. Transliteración ệ (API /ɛː/).סגול מלא seggol male, máis a miúdo segol malei, ou seghol yod. Transliteración e (API /e/), pero con י máis a miúdo ei (API /ei/).בַפתח páṯaḥ. Transliteración a (API /a/) ou á (API /aː/).פתח pátaḥ, máis a miúdo pátach. Transliteración a (API /a/).בַה, בַאפתח מלא páṯaḥ mālê. Transliteración ậ (API /aː/).פתח מלא pátaḥ male, máis a miúdo pátach malei. Transliteración a (API /a/).בָקמץ גדול qāmeṣ gāḏôl. Transliteración ā (API /ɔː/).קמץ גדול qamaẓ gadol, máis a miúdo kamatz gadol, ás veces chamada simplemente qamets. Ás veces marcada cun metheg á esquerda do qamets, para distinguilo de qamets qatan. Transliteración a (API /a/).בָה, בָאקמץ מלא qāmeṣ mālê. Transliteración â (API /ɔː/).קמץ מלא qamaẓ male, máis a miúdo kamatz malei, ou qamets he. Transliteración a (API /a/).בָקמץ קטן qāmeṣ qāṭān. Transliteración o (API /ɔ/).קמץ קטן qamaẓ qatan, máis a miúdo kamatz katan, ou qamets hatuf. Transliteración o (API /o/). A miúdo substituído por ḥolam male en israelita.בֹחלם ḥōlem. Transliteración ō (API /oː/).חולם ḥolam, máis a miúdo cholam. Transliteración o (API /o A miúdo substituído por ḥolam male en israelita.בוֹ, בֹה, בֹאחלם מלא ḥōlem mālê. Transliteración ô (API /oː/).חולם מלא ḥolam male, máis a miúdo cholam malei. Transliteración o (API /o/).בֻקבוץ qibbûṣ. Transliteración u (API /u/) ou ú (API /uː/).קובוץ qubbuẓ, máis a miúdo kubutz. Transliteración u (API /u/). A miúdo substituído por šuruq en israelita.בוּשורק šûreq. Transliteración û (API /uː/).שורוק šuruq, máis a miúdo shuruk. Transliteración u (API /u/).בּדגש dāḡēš. Non é tecnicamente unha vogal. Redobra a consoante que modifica. O resultado pode aínda tomar unha vogal.דגש dageš, máis a miúdo daguesh. שׁŠin dot. Non é tecnicamente unha vogal. Modifica o ש, de maneira que debe transliterarse š (API /ʃ/).שׂŚin dot. Non é tecnicamente unha vogal. Indica que a vogal que modifica, ש, debe ser transcrita ś (API /ɬ/).
Limitacións técnicas de Wikipedia
Importante: Hai, actualmente, serios problemas de visualización dos Niqqud na Wikipedia e en todos os proxectos Wikimedia. Máis información en :en:Wikipedia:Niqqud, en inglés e en hebreo.
Véxase tamén
Outros artigos
Alfabeto hebreo Diacrítico
Categoría:Alfabetos Categoría:Diacríticos