Francisca Barracel Fernández, nada na Torre (na parroquia de Seoane, Allariz), o 18 de xuño de 1902 e finada en Ourense o 18 de xullo de 2013, foi unha labrega, hostaleira, comerciante e supercentenaria galega.

Traxectoria Francisca Barracel, que tivo catro irmáns, casou e en 1946 tivo un fillo, José. Durante esas primeiras décadas da súa vida traballou como labrega, ata que en 1956 se trasladou coa familia á vila de Allariz para abrir unha tenda de ultramarinos onde tamén daban comidas e pousada. Xubilada en 1967, enviuvou con 90 anos. En 1996 marchou a vivir co fillo a Ourense. Nos últimos anos da súa vida perdeu a fala.

No seu momento foi a galega máis vella e, historicamente, é unha das supercentenarias galegas.

Faleceu en Ourense o 18 de xullo de 2013.

Notas

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Allariz Categoría:Supercentenarios galegos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes