A amiloidose familiar renal (tamén coñecida coma amiloidose familiar visceral, ou nefropatia amiloide hereditaria) é unha forma de amiloidose que se presenta de xeito primario no ril. Trátase dunha doenza xenética, que presenta unha herdanza autosómica dominante.Orphanet: Amiloidose familiar renal. Non existen datos sobre a prevalencia ou a incidencia da enfermidade, aínda que se sabe que afecta predominantemente á etnia caucásica, e non presenta diferenzas significativas entre sexos.Helen J Lachmann, MB. Familial Renal Amyloidosis Medscape

Está asociada coa cadea alfa do fibrinóxeno, a apolipoproteina A1, e a lisozima.

Tamén se coñece coma tipo "Ostertag", após que B. Ostertag así o describira nos anos 1932 e 1950.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Amiloidose

Ligazóns externas Sociedade Española de Nefroloxía .

Categoría:Doenzas