As lentes ou anteollos son dispositivos ópticos utilizados para a compensación de ametropías e/ou protección dos ollos, utilizados na parte superior da faciana, próximos aos ollos, mais sen entrar en contacto físico con estes, constituídos xeralmente por dúas lentes oftálmicas e unha armazón.

Actualmente, case todos os modelos de lentes son usados diante do rostro repousando sobre o nariz e orellas.

Historia Foron as experiencias en óptica de Robert Grosseteste e o seu discípulo Roger Bacon que levaron á invención dos anteollos. En 1284, os gremios de Venecia xa os mencionaban e durante o século XIV a fabricación de lentes popularizouse por toda Europa. Non sempre as lentes foron fabricadas coa forma con que son coñecidas hoxe en día, polo que, na antigüidade, era común encontrar monóculos (só unha lente oftálmica), ou, noutros casos, só se usaban lentes sen montura.

Actualidade Mentres que os primeiros lentes eran usados principalmente para auxilio da lectura, hoxe en día son máis que simples próteses de corrección de defectos visuais, sendo que, son agora un dos principais accesorios de moda das sociedades modernas.

Tipos de lentes Lentes de contacto Lentes de sol Lentes de grao Lentes de natación miniatura|San Xerome, coas súas lentes, na fachada da basílica de Santa María, Pontevedra (s. XVI)|centro Notas

Categoría:Instrumentos ópticos