miniatura|upright=1.4|dereita|Mapa político do Suroeste europeo arredor entre os anos 550-600 d. C. onde se reflicten tres diferentes territorios, a Galicia (Gallaecia), gobernada polos reis suevos, e a España (Hispania) e Septimania gobernada polos reis visigodos. miniatura|Hermerico, primeiro rei suevo, no Corpus Pelagianum. A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d. C., o entendemento coa poboación galaica e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un reino de Galicia. Así o pon de relevo nesa centuria o papa León I ao denominalo Galliciae Regno, e o mesmo fai o erudito franco Gregorio de Tours xa a finais do século VI, quen o chama Galliciense Regnum.

Na obra de Gregorio de Tours preséntase a Carriarico, Miro, Eurico e Andeca como monarcas galegos, e do mesmo xeito actúa a crónica de Fredegario (ca. 650) con Miro, as actas do concilio de Lugo (569) con Teodomiro, e o bispo Xoán Biclarense († ca. 621) quen sinala a Andeca como monarca do reino suevo de Galicia.

Lista de reis suevos en Galiza miniatura|upright=1.4|Liña temporal dos reis suevos. miniatura|O rei Ariamiro (ou Teodomiro) xunto aos bispos André, Lucrecio e Martiño no Codex Vigilanus. miniatura|O rei Miro con Martiño de Dumio en De virtutibus quattuor.

Primeira liñaxe real (409-456) ReiDataNotasHermerico409-438Requila438-448asociado ao trono en 438 polo seu pai Hermerico. Rei único a partir do 441Requiario448-456Derrotado polo rei visigodo Teodorico II

Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469) ReiDataNotasFrantán456-457Reinou na parte norte.Aguiúlfo456-457Enviado polo rei visigodo, desertou e fíxose recoñecer por unha parte dos suevosDíaz Martínez (2007), pp. 291-292Díaz Martínez (2007), pp. 298-299 (no sur). Posteriormente, foi polos visigodos de Teodorico II.Valverde Castro (2000), pp. 56-57Maldras457-460A elección de Maldras non foi recoñecida por tódolos suevosSayas & Abad (2013), p. 264Arce (2013), p. 132 polo que é probable que fose elixido pola facción que apoiara a Aguiúlfo.Díaz Martínez (2007), p. 299Frumario460-464Requimundo459-463457-?: ¿Requimundo o Remismundo?. Non está claro se foron dúas persoas ou unha soa. A crónica de Hidacio dá a entender que é o mesmo personaxe.Díaz Martínez (2007), pp. 300-301 De acordo con isto existe a hipótese de que puido cambia-lo nome a Remismundo, nome de orixe goda, coma un acto de submisión ao rei visigodo.Díaz Martínez (2011), p. 94Remismundo459-469Reunifica o reino no 463. Os estudosos que non recoñecen que Requimundo e Remismundo fosen a mesma persoa, indican que foi proposto polos visigodos trala morte de Frumario e recoñecido rei por tódolos suevos.Sayas & Abad (2013), p. 267Arce (2013), p. 133

Período Escuro (469-550) ReiDataNotasHermenericoAínda que se coñecen os nomes de Veremundo e Teodemundo, o seu carácter histórico é dubidoso.Díaz Martínez (2011), p. 293 Outras crónicas menos fidedignas e posteriores mencionan varios reis baixo os nomes de Hermenerico II, Riciliano e Requiario II.Arias (2011), pp. 105-106VeremundoTeodemundo

Período final da monarquía sueva (550-585) ReiDataNotasCarriarico550-559Teodomiro559-570Miro570-583ou MirónEborico583-584ou Eurico

Fin da monarquía sueva ReiDataNotasAndeca584-585Caudillo que se opuxo a Leovixildo e foi derrotado por este cando no 585 intervén en Galicia co pretexto de destronalo e repoñer no trono a Eborico. Porén, unha vez instalado coas súas tropas, Leovixildo usurpa o trono, marcando a fin do goberno e da monarquía sueva no reino de GaliciaMalarico585Trala conquista visigoda é recoñecido rei por unha parte dos suevos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Suevos Historia de Galiza Lista de monarcas de Galiza

Ligazóns externas Os reis suevos de Galicia de Benito Vicetto

Categoría:Listas de monarcas Categoría:Século V Categoría:Século VI Categoría:Reis suevos