thumb|right|400px|NGC 6357 e Pismis 24 NGC 6357, é unha nebulosa difusa preto de NGC 6334 na constelación de Scorpius. A nebulosa contén moitas proto-estrelas protexidas por discos escuros de gas, e as estrelas novas están implicadas na expansión de "casulos".
Esta nebulosa recibiu o nome de 'Nebulosa Guerra e Paz por parte dos científicos do Midcourse Space Experiment debido á súa aparencia. Eles dixeron que en imaxes infravermellas a parte brillante e occidental asemellábase a unha pomba, mentres que a parte oriental parecíase a unha caveira.
Pismis 24 Esta nebulosa inclúe o cúmulo estelar aberto Pismis 24', que é o fogar de varias estrelas de gran masa. Unha das estrelas máis brillantes do conxunto, Pismis 24-1, pensábase que posibelmente fose a estrela máis masiva da que se tiña constancia, achegándose ás 300 masas solares, ata que se descubriu un sistema binario no que cada unha das súas compoñentes excedía con moito as 100 masas solares.
+ Estrelas notables de Pismis 24 Estrela(Pismis 24-#) Tipos espectral Magnitude(Mbol) Temperatura(K) Raio(R☉) Masa(M☉) 1NE O3,5 If* −10,0 42.000 17 74 1SW O4 III −9,8 41.500 16 66 2 O5,5 V(f) −8,9 40.000 12 43 3 O8 V −7,7 33.400 9 25 10 O9 V −7,2 31.500 8 20 12 B1 V −5,3 30.000 4 11 13 O6,5 III((f)) −8,6 35.600 12 35 15 O8 V −7,8 33.400 10 25 16 O7,5 V −9,0 34.000 16 38 17 O3,5 III −10,1 42.700 17 78 18 B0,5 V −6,4 30.000 6 15 19 B0,5 V −5,4 30.000 4 11
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
European Southern Observatory infrared image Slate blog about the nebula Imaxes en APOD: A Massive Star in NGC 6357 with a close-up of Pismis 24. Star Forming Region NGC 6357 showing complex interactions between interstellar winds, radiation pressures and magnetic fields. NGC 6357: Massive Stars A Massive Star in NGC 6357
Categoría:Nebulosas difusas Categoría:Constelación de Scorpius