San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), un menos ca en 2004 (163 homes e 157 mulleres, segundo o padrón municipal) e 24 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Patrimonio Está atravesada polo camiño real que ía desde Sobradelo até O Barco de Valdeorras, polo que discorre tamén o camiño de Santiago. Consérvase unha ponte sobre o río Galir.«Ponte Romano de Éntoma» en Turgalicia.

Lugares e parroquias Lugares de Éntoma

Parroquias do Barco de Valdeorras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Barco de Valdeorras

Categoría:Parroquias do Barco de Valdeorras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán