O signo igual (=) é un símbolo matemático empregado para indicar a igualdade de expresións matemáticas.

Historia miniatura|esquerda|Primeiro uso do signo igual, equivalente a 14x+15=71. Da obra The Whetstone of Witte de Robert Recorde. O símbolo foi inventado en 1557 polo matemático galés Robert Recorde na súa obra The Whetstone of Witte. Decidiu empregar dúas liñas iguais por considerar que era a mellor representación da idea de igualdade.

O signo = non foi inmediatamente popular, senón que algún autores empregaban dúas barras paralelas ( || ) ou æ (ou œ), abreviaturas da palabra latina aequalis (“igual”).

Uso En Matemáticas pode empregarse para indicar un valor particular (x = 2), crear definicións (sexa x = 2), expresar condicións (se x = 2, entón…), ou indicar unha equivalencia universal (x + 1)2 = x2 + 2x + 1. En Informática acostuma empregarse para asignar valores. Nalgunhas linguaxes de programación empréganse varios signos iguais: ===. Algunhas linguas africanas utilízano como signo diacrítico para indicar ton.

Símbolos relacionados Aproximadamente igual Os símbolos para expresar a idea de “aproximadamente igual” adoitan ter forma de ondas ou incluír puntos: ≈, ≃, ≅, ∼, ∽, ≐, ≒, ≓

Desigual O símbolo empregado para a relación "non é igual" é un signo igual cunha barra ("≠").

Identidade Símbolos utilizados para indicar unha identidade ou equivalencia son "≡", "≝", ":=" ou "≘".

Menor ou igual e maior ou igual

O signo igual pode combinarse cos signos "menor que" ( < ) e "maior que" ( > ): ≤ e ≥.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Símbolos matemáticos

Categoría:Símbolos matemáticos