right|300px|Vehículo gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1952 As 500 Millas de Indianápolis de 1952 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 30 de maio de 1952 no Circuíto de Indianápolis. Foi incluída na tempada de Fórmula 1 de , da que foi a segunda carreira.
Troy Ruttman gañou a carreira para JC Agajanian. Ruttman, cunha idade de 22 anos e 80 días, estableceu a marca para o gañador máis novo na historia das 500. Tamén foi o último coche midget en gañar a Indy. A vitoria de Ruttmann tamén o converteu no gañador máis novo da carreira do Campionato Mundial de Pilotos, unha marca que mantería durante 51 anos ata o Gran Premio de Hungría de 2003 cando o piloto español Fernando Alonso gañou á idade de 22 anos e 26 días.
Bill Vukovich liderou 150 voltas, pero a 9 voltas para o final, rompeu a dirección cando lideraba
No terceiro ano que as 500 Millas se incluían no Campionato do Mundo, Ferrari participou na carreira con Alberto Ascari, O esforzo logrou unha considerable atención, pero Ascari saíuse e terminou 31º. Foi a única carreira do Campionato do Mundo na tempada de na que Ascari participou e non gañou.
Cualificacións As cualificacións duraron catro días, pero a choiva obrigou a un quinto día de cualificación.
Clasificación Pos Grella Nº Piloto Construtor Cual. Clas. Voltas Liderado Tempo/Retirada Puntos 1 7 98 Troy Ruttman Kuzma-Offenhauser 135.360 18 200 44 3:52:41.88 8 2 10 59 Jim Rathmann Kurtis Kraft-Offenhauser 136.340 7 200 0 +4:02.33 6 3 5 18 Sam Hanks Kurtis Kraft-Offenhauser 135.730 14 200 0 +6:11.61 4 4 6 1 Duane Carter Lesovsky-Offenhauser 135.520 16 200 0 +6:48.34 3 5 20 33 Art Cross Kurtis Kraft-Offenhauser 134.280 26 200 0 +8:40.15 2 6 21 77 Jimmy Bryan Kurtis Kraft-Offenhauser 134.140 27 200 0 +9:24.32 7 23 37 Jimmy Reece Kurtis Kraft-Offenhauser 133.990 29 200 0 +10:35.24 8 14 54 George Connor Kurtis Kraft-Offenhauser 135.600 15 200 0 +12:00.61 9 9 22 Cliff Griffith Kurtis Kraft-Offenhauser 136.610 6 200 0 +12:23.76 10 31 5 Johnnie Parsons Kurtis Kraft-Offenhauser 135.320 19 200 0 +13:37.78 11 3 4 Jack McGrath Kurtis Kraft-Offenhauser 136.660 5 200 6 +14:21.72 12 26 29 Jim Rigsby Watson-Offenhauser 133.900 33 200 0 +16:05.10 13 16 14 Joe James Kurtis Kraft-Offenhauser 134.950 22 200 0 +16:55.65 14 15 7 Bill Schindler Stevens-Offenhauser 134.980 20 200 0 +18:48.66 15 13 65 George Fonder Sherman-Offenhauser 135.940 13 197 0 +3 voltas 16 24 81 Eddie Johnson Trevis-Offenhauser 133.970 30 193 0 +7 voltas 17 8 26 Bill Vukovich Kurtis Kraft-Offenhauser 138.210 2 191 150 Dirección 1 18 11 16 Chuck Stevenson Kurtis Kraft-Offenhauser 136.140 9 187 0 +13 voltas 19 12 2 Henry Banks Lesovsky-Offenhauser 135.960 11 184 0 +16 voltas 20 28 8 Manny Ayulo Lesovsky-Offenhauser 135.980 10 184 0 +16 voltas 21 33 31 Johnny McDowell Kurtis Kraft-Offenhauser 133.930 32 182 0 +18 voltas 22 29 48 Spider Webb Bromme-Offenhauser 135.960 12 162 0 Fuga aceite 23 22 34 Rodger Ward Kurtis Kraft-Offenhauser 134.130 28 130 0 Presión aceite 24 30 27 Tony Bettenhausen Deidt-Offenhauser 135.380 17 93 0 Presión aceite 25 4 36 Duke Nalon Kurtis Kraft-Novi 136.180 8 84 0 Compresor 26 32 73 Bob Sweikert Kurtis Kraft-Offenhauser 134.980 21 77 0 Diferencial 27 1 28 Fred Agabashian Kurtis Kraft-Cummins Diesel 138.010 3 71 0 Turbocompresor 28 18 67 Gene Hartley Kurtis Kraft-Offenhauser 134.340 24 65 0 Fatiga 29 25 93 Bob Scott Kurtis Kraft-Offenhauser 133.950 31 49 0 Transmisión 30 27 21 Chet Miller Kurtis Kraft-Novi 139.030 1 41 0 Compresor 31 19 12 Alberto Ascari Ferrari 134.300 25 40 0 Roda 32 17 55 Bobby Ball Stevens-Offenhauser 134.720 23 34 0 Caixa de cambios 33 2 9 Andy Linden Kurtis Kraft-Offenhauser 137.000 4 20 0 Bomba aceite
Notas Pole position: Fred Agabashian – 4:20.85 (4 voltas) O Cummins Diesel Special de Agabashian foi o primeiro coche nas 500 Millas de Indianápolis en ser accionado por un motor turboalimentado (entón descrito como "turbosupercharged"). Sopradores centrífugos con engrenaxes coñecidos como "compresores" utilizábanse desde a década de 1920 para aumentar a eficiencia volumétrica e a potencia dos motores de carreiras, pero o Cummins Diesel foi o primeiro en facer uso da enerxía "libre" contida na corrente de escape do motor para mover unha roda de turbina conectada a un ventilador centrífugo (polo tanto, "turbo-sobrealimentado" ) . Volta rápida: Bill Vukovich - 1:06.60 Ata 2009, Troy Ruttman foi o piloto máis novo en gañar as 500 de Indianápolis, con 22 anos e 80 días.Davidson, Donald. (2007). "The Talk of Gasoline Alley" [Radio program]. WIBC (FM), April 30, 2007. Archived at http://media.wibc.com/av/audio/talk_gas/2007/april30.mp3 , retrieved on May 9, 2007. Ruttmann tamén se converteu no piloto máis novo en gañar unha carreira do campionato de Fórmula Un. A súa marca foi rota por Fernando Alonso no Gran Premio de Hungría de 2003. Alberto Ascari foi o primeiro caso dun piloto que competía seriamente polo Campionato do Mundo de Pilotos (as 500 Millas era unha carreira puntuable) en competir nas 500 Millas. Aínda que terminou 31º na Indy, gañou todas as carreiras que quedaban e o título. 1952 foi a única ocasión na que o máis rápido (Chet Miller) e o máis lento (Jim Rigsby) na fase de clasificación para a carreira comezaron un xunto á outro.
Posicións logo da carreira
Pos Piloto Puntos 10px 1 Piero Taruffi 9 10px 20 2 Troy Ruttman 8 10px 1 3 Rudi Fischer 6 10px 18 4 Jim Rathmann 6 10px 2 5 Jean Behra 4 Nota: Só as cinco primeiras posicións están na lista. Só os 4 mellores resultados contan para o Campionato.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Indianapolis 500 History: Race & All-Time Stats - Páxina oficial
Van Camp's Pork & Beans Presents: Great Moments From the Indy 500 - Fleetwood Sounds, 1975
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1952 Categoría:500 Millas de Indianapolis