A breve ( ˘ ) é un sinal diacrítico con forma de medio círculo aberto por riba que se coloca sobre ou baixo unha letra. É semellante ao caron, pero este ten forma apuntada en lugar de arredondada.

Uso Algúns dicionarios modernos de grego clásico e latín empregan a breve para sinalar vogais breves, como oposición ao macron. En romanés úsase sobre o A para representar a vogal /ə/. En turco ğ alonga a vogal precedente. En vietnamita representa vogais adicionais. No esperanto emprégase sobre o u para indicar que é unha semivogal. Na romanización do sinhala indica unha consoante prenasalizada, por exemplo, n̆da representa . Tamén se emprega en romanizacións do coreano e no pinyin.

Breve inferior A breve colocada baixo o H (Ḫ) emprégase na romanización do árabe, do acadio e dos xeróglifos exipcios. A breve dupla e a breve tripla inferiores aparecen nunha proposta ortográfica para os dialectos do baixo alemán presentada na década de 1980 pola Landschaftsverband Rheinland.Proposal to encode a combining diacritical mark for Low German dialect writing

Notas

Véxase tamén Outros artigos Macron Breve inversa

Ligazóns externas Diacritics Project — All you need to design a font with correct accents

Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos