Boa Vista é a capital do estado Brasileiro de Roraima, e acolle uns 2/3 da poboación total do estado. Sitúase a uns 170 km da fronteira coa Güiana (a través da cidade brasileira de Normandia) e a uns 220 km da fronteira con Venezuela (a través da cidade brasileira de Pacaraima e de Santa Elena en Venezuela). É a capital de estado brasileira situada máis ó norte.

A cidade está ligada co Manaus pola estrada BR-174, que se estende ata a fronteira coa Venezuela. Desde alí, pódese chegar, por estrada asfaltada, ata Caracas e o litoral venezolano. Por esta razón, é unha parada estratéxica para os que visitan a Amazonia, principalmente ao Parque Nacional do Monte Roraima. A cidade tamén posúe un aeroporto internacional.

As principais actividades económicas da cidade son o comercio e os servizos.

Demografía

miniatura|255px|esquerda|Palacio Senador Hélio Campos, sede do Goberno de Roraima. Véxase tamén

Categoría:Cidades de Roraima