Barthold Georg Niebuhr, nado o 27 de agosto de 1776 en Copenhague e finado o 2 de xaneiro de 1831 en Bonn, foi un historiador e político alemán de orixe danesa, fillo do explorador e cartógrafo Carsten Niebuhr.

Traxectoria Profesor da Universidade de Berlín desde 1810, foi pioneiro no uso do novo «método histórico crítico» nos seus traballos. A súa obra máis importante é a clásica Historia de Roma (Römische Geschichte).

Tamén concibiu un proxecto no que pretendía revisar e ampliar o orixinal de vinte e catro volumes do Corpus Byzantinae Historiae (ás veces chamado Byzantine du Louvre), publicado en París entre 1648 e 1711 baixo a dirección inicial da erudito xesuíta Philippe Labbe.Bunsen, Brandis & Lorbell (1854) p. 483 [e tamén na carta 364 (pp. 501-502), dirixida a Savigny, con data do 29 de abril de 1827: "Xa escoitou falar da edición dos historiadores bizantinos, que estou supervisando. É un gran pracer poder inculcar deste xeito un pouco de vida á nosa obra literaria; empregar a novos filólogos; dar extensión, actividade e perfección á tipografía; contribuír co meu gran de area [sic] ao aumento da prosperidade xeral ... " ]Omont (1904), p. 18 A serie, de 50 volumes de autores bizantinos denominouse Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae e tivo primeiro a súa sede na Universidade de Bonn; con todo, trala morte de Niebuhr en 1831, a supervisión do proxecto pasou ao seu colaborador Immanuel Bekker na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín.Reinsch (2010), p. 441

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae

Ligazóns externas Historia de Roma Vol. I (en inglés) Historia de Roma Vol. II (en inglés) Historia de Roma Vol. III (en inglés)

Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Nados en 1776 Categoría:Finados en 1831 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín