Amador Cortés García, nado en Betanzos o 15 de agosto de 1937 e finado en Palma de Mallorca o 15 de xuño de 2005, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Na tempada 1956–57 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Ángel Zubieta e logo por Diego Villalonga (quen non contou con Amador). Nese ano, no equipo coruñés xogou tan só dous partidos, estreándose na primeira xornada, cunha derrota en Riazor fronte ao Atlético de Madrid (0–4). Volveu xogar na xornada 10, nunha nova derrota esta vez fronte ao Celta de Vigo, de novo en Riazor (0–3). Amador, de 19 anos, foi dos centrocampistas menos habituais dentro dos suplentes, tendo máis notoriedade xogadores como Julián Cuenca, Manuel Lechuga ou Enrique Sierra, e xogando os mesmos partidos que o veterano Juanín. Ao final da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na súa segunda campaña como branquiazul, participou en 26 encontros e anotou 6 goles.

Na tempada 1959–60 fichou polo Atlético de Madrid, equipo co que gañou dúas Copas do Rei e unha Recopa de Europa nas 5 campañas que permaneceu no club colchonero.

Na tempada 1964–65 fichou polo Mallorca, en Segunda División, co que logrou o ascenso. Permaneceu un ano máis no club balear, onde se retirou, tras sufrir unha lesión nun xeonllo, que o obrigou a deixar o fútbol.

Apaixonado gastrónomo, durante 30 anos mantívose á fronte do restaurante "Casa Gallega" en Mallorca.

Faleceu en 2005 en Palma de Mallorca, onde vivía."Un anónimo embajador de Galicia: a Amador Cortés García, in memoriam"

Palmarés Atlético de Madrid Copa do Rei: 1959–60, 1960–61 Recopa de Europa: 1961–62

Mallorca Segunda División: 1964–65

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en weltfussball.de

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Futbolistas de Betanzos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes