María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

Traxectoria

Formación Licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, que completou con cursos de Dereito nesa universidade. Despois especializouse en mercadotecnia, tanto a nivel formativo como profesional, e en 2009 estableceu a súa propia axencia de mercadotecnia e publicidade.

Carreira política Afiliada a Sociedad Civil y Democracia, encargouse de coordinar a campaña electoral desa formación nas Eleccións autonómicas de 2012, onde o SCD obtivo 16.000 votos. En abril de 2013 foi designada líder da formación en Galicia. Presentouse ás primarias de SCD para substituír o fundador do partido, Mario Conde, e foi elixida presidenta da formación a nivel estatal en setembro de 2013. Non obstante, dimitiu en febreiro de 2014, ante o perigo de inminente disolución do seu partido.

Polémica En 2022 afirmou, respecto ás tropas nazis que bombardearon Guernika: "Nin o que bombardeou era malo nin os bombardeados eran tan bos".

Vida persoal Vive a cabalo entre Vigo e Madrid. Ten dous fillos.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca