Juan Francisco Lezama García, nado en Bilbao o 24 de maio de 1916, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Na tempada 1943–44 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros esa campaña no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse con gol na xornada 23, nunha vitoria fronte ao Celta de Vigo no vello campo de Riazor (3–2). Volvería xogar na xornada seguinte, tamén con gol, pero esta vez cun resultado desfavorable contra o Real Oviedo a domicilio (4–2). Nesa campaña compartiu suplencia na dianteira xunto con José Gutiérrez Verdín e Vicente Valle.

Na tempada 1944–45 foi titular en 22 encontros, conseguindo 2 goles. Formou parte da dianteira xunto con José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña