Elena Jane Goulding, nada en Herefordshire o 30 de decembro de 1986, é unha cantante, compositora e multiinstrumentista inglesa, máis coñecida como Ellie Goulding. Saltou á fama en 2009 logo de gañar a enquisa «Sound of 2010» realizada pola BBC. Ademais por recibir o premio á elección dos críticos nos premios Brit.1

Traxectoria Dende moi nova, Ellie mostrou grande interese pola música. Aprendeu a tocar o clarinete e a guitarra antes dos quince anos, ademais de graduarse na Universidade de Kent en teatro. Sen moito éxito, comezou a promoverse no seu país natal co lanzamento do seu primeiro EP chamado An Introduction to Ellie Goulding e o seu primeiro sinxelo «Under the Sheets». Posteriormente lanzou «Starry Eyed» e o seu primeiro álbum de estudio Lights. Ámbolos dous situáronse nas cinco primeiras posicións do UK Singles Chart e UK Albums Chart. Concretamente, Lights debutou como número un. Os dous sinxelos que seguiron, «Guns and Horses» e «The Writer», non puideron lograr os dez primeiros postos no Reino Unido. Tras a súa participación no iTunes Festival de 2010, publicou un EP coas cancións en vivo que interpretou e ademais «Run Into the Light». Dado o pouco tempo que tivo para traballar no seu disco, Ellie comezou unha reedición de Lights chamada Bright Lights, cunha versión de «Your Song» e un novo tema chamado «Lights» como principais sinxelos. O primeiro destes situouse na segunda posición das listas do Reino Unido, mentres que o segundo a cuadraxésimo novena. A pesar disto, «Lights» converteuse nun éxito en Norteamérica, xa que alcanzou a segunda posición nas listas estadounidenses e a sétima nas do Canadá. Ademais, vendeu máis de tres millóns de copias nos Estados Unidos.

Grazas a todo o éxito obtido no 2010, Ellie recibiu dous nomeamentos ós premios Brit de 2011, aínda que non resultou gañadora en ningún deles. Igualmente gañou un Glamour Award á revelación do ano. Logo, «Anything Could Happen» converteuse no sétimo sinxelo da cantante. Este logrou a quinta posición no Reino Unido e aínda que non acadou unha alta posición nos Estados Unidos, vendeu un millón de copias. Para seguir coa promoción de Halcyon, o seu novo álbum, Ellie lanzou «Figure 8» e «Explosions». O primeiro sinxelo non tivo éxito comercial, salvo en Finlandia e Nova Zelandia, mentres que o segundo contou cunha boa recepción no Reino Unido. Con todo, o álbum debutou como número dous en UK Albums Chart. Logo a cantante recibiu un nomeamento ós Teen Choice Awards, coma artista revelación, pero non conseguiu gañar. Ao igual que co seu primeiro disco, Ellie reeditou e relanzou Halcyon como Hacyon Days. O sinxelo líder, «Burn» logrou unha boa recepción comercial ao redor do mundo. Concretamente, converteuse no primeiro número 1 de Ellie no Reino Unido ademais do seu primeiro top dez en Alemaña e Australia.

Discografía Álbums de estudio Lights (2010) Halcyon (2012) Delirium (2015)

EP An Introduction to Ellie Goulding (2009) iTunes Festival: London 2010 (2010) Run Into the Light (2010) Live at Amoeba San Francisco (2011) iTunes Festival: London 2012 (2012) iTunes Festival: London 2013 (2013) iTunes Session (2013)

Premios e nomeamentos Ao longo da súa carreira Ellie foi nomeada a gran variedade de premios. A pesar de que a gran maioría das veces non resultou vitoriosa, ten no seu poder un BRIT, o premio máis importante outorgado no Reino Unido. A continuación, unha lista con todas as candidaturas da cantante:

Ano Premio Traballo nomeado Categoría Resultado Ref. 2010 BBC Sound of... Ellie Goulding Son do 2010 Gañadora Brit Awards Elección dos críticos Gañadora Q Awards Mellor artista feminina Nomeada Mellor artista novo Nomeada BT Digital Music Awards Mellor artista feminina Nomeada 2011 Brit Awards Mellor artista británica Nomeada Mellor artista novo británico Nomeada Glamour Magazine Awards Revelación do ano Gañadora 2012 Teen Choice Awards Elección musical: artista revelación Nomeada 2013 MTV Europe Music Awards Mellor artista británico/irlandés Nomeada BBC Radio 1 Teen Awards Mellor artista británico solista Nomeada «Burn» Mellor sinxelo británico Nomeada 2014 Brit Awards Ellie Goulding Mellor artista británica Pendente «Burn» Mellor sinxelo británico Pendente

Notas

Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados en Hertfordshire Categoría:Nados en 1986