Jesús Couto Fernández, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1942, foi un tipógrafo e xornalista galego.

Traxectoria Irmán de Ramón Couto Fernández. Emigrou a Arxentina e colaborou na prensa galega da capital bonaerense. Regresou a Galicia e foi administrador da Revista de Ciencias Pedagógicas e correspondente doutros periódicos da emigración galega. Volveu a Buenos Aires e colaborou en El Eco de Galicia (entre 1893 e 1901) con retratos e biografías de persoeiros galegos, e Almanaque Gallego.

Retornado de novo a Compostela en 1903, relacionouse con círculos católicos, e colaborou en Galicia Nueva, El Noticiero Gallego, Gaceta de Galicia e El Correo de Galicia. Foi correspondente de Nova Galicia e representante en Galicia da revista Galicia da Habana.Galicia, 22-4-1928, p. 1. Asinaba ás veces co pseudónimo Jecoufer. Finou en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1942.El Compostelano, 2-5-1942, p. 2. Vida persoal Casou con Rosalía Couto Devesa en 1924.El Compostelano, 25-9-1924, p. 2.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1942