Revista de Ciencias Pedagógicas foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1894 e 1895.
Historia e características Apareceu o 6 de decembro de 1894. Fundada por Gerardo Rodríguez García xunto co seu irmán José Rodríguez García, que foron os principais redactores; o administrador era Jesús Couto Fernández. Pertencía á Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Apareceron 25 números, cesando a súa publicación o 30 de xuño de 1895.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1894 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas de España desaparecidas